top of page
URBANIZACIÓN NAVIA GOOGLE MAPS.png

Construindo o teu soño en Vigo!

Xestionando cooperativas de vivenda nas que poidas facer realidade a túa idea de fogar.

home about.jpg

SOBRE O PROCEDEMENTO DE ACCESO

DIRECTO OU POR SORTEO

Xestión de Autopromoción, SL (XESTA) dispón na actualidade de 2 parcelas para a xestión directa de vivendas en altura dentro de NAVIA así como unha parcela en altura na contorna do polígono. Ditas vivendas son adxudicadas de xeito directo aos socios que están interesados nas mesmas.

Asemade a Xunta de Galicia, por medio do IGVS, ten previsto sacar a concurso unha serie de parcelas no PAU DE NAVIA para a compra ou cesión de uso das mesmas. Neste caso Xestión de Autopromoción, SL (XESTA) ten pensado concorrer a dito proceso. 

XUNTANZA INFORMATIVA

INSCRÍBETE

Lectura

ASOCIACIÓN VECIÑAL EMILIO CRESPO

RÚA BRAVO, 5  (NAVIA/VIGO)

MARTES, 28 DE XANEIRO DE 2025

19:30 HORAS

OS NOSOS CLIENTES

LOG OLLOQUI3.png
dark_logo_transparent_background.png
dark_logo_transparent_background.png
LOGO Z33.png
LOGO CASAS DO CUNQUEIRO.png

Non deixes pasar esta oportunidade!

PROXECTOS RECENTES

Descobre como podes acceder a unha nova vivenda....

QUEN É XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L.

XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L. XESTA, é unha empresa especializada en xestión de cooperativas de vivenda, formada por persoal con experiencia no sector, e que abarca ás distintas áreas da autopromoción inmobiliaria: técnica, xurídica, comercial e financeira.

O seu persoal ten experiencia no asesoramento e realización de todolos procedementos necesarios para levar a cabo o proxecto de construción e adxudicación de vivenda, así como na negociación con todolos actores implicados (socios, banca, empresas construtoras, técnicos, compañías de seguros, Administracións Públicas, etc.).

Conta co aval dos proxectos realizadas nas principais cidades de Galicia, sólidos coñecementos lexislativos, do sector da construción, das AA.PP., da normativa urbanística e de edificación, aspectos contables e financeiros, etc.

 

O obxectivo final que impulsa a todo o equipo é axudar á Cooperativa a desenvolver o seu obxecto e acadar o seu obxectivo: vivendas de calidade, a prezo de custo e coa maior satisfacción dos socios da cooperativa. Todo isto, coa garantía que a profesionalidade e o rigor técnica, aportan a todolos actores relacionados coa promoción, dende a constitución inicial da empresa ata a súa disolución tras a entrega das vivendas.

VIVENDAS UNIFAMILIARESNOVA URBANIZACIÓN XUNTA.png

Unifamiliar (adosados/pareados)

Parcelas dentro do PAU DE NAVIA

BOULEVAR  NOVA URBANIZACIÓN XUNTA.png

Residencial en Altura (VPA)

Parcelas dentro do PAU DE NAVIA

RESIDENCIAL FINCA ROSALIA.png

Residencial en Altura (Libre)

Parcelas fora do PAU DE NAVIA

XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L. XESTA, atópase na actualidade na fase de captación de socios para as promocións vindeiras na contorna de Navia para o que busca xente interesada en formar parte das mesmas.

bottom of page